Categorías
Podcast y radio

RadioFusión

Radiofusión, das Emisoras Locais Galegas, no nome da asociación A.M.I.G.A.. Trátase dun espazo cortiño, dun cuarto de hora máis ou menos, para falar un pouco de novas tecnoloxías e curiosidades. Nada técnico e formal, máis ben unha charla comentando novidades ou temas que ós usuarios menos avanzados poden resultarlles interesantes. As rapazas que levan o programa son moi simpáticas (polo menos por teléfono, que é como as coñezo, jeje), e din que pronto se poderán descargar os programas dende a web.Os temas tratados polo de agora foron: Programa do 13 de decembro de 2006: – Os seminarios Tech Net de Microsoft – O «spam» e os correos-cadea – Gadgets tecnolóxicos: Lanzamisiles USB – Fauna de internet: o «Nintendo64 Kid» Programa do 20 de decembro de 2006: – Ferramentas de protección de datos – Mercado negro do «malware» – Gadgets: o lío do mando da Wii Programa do 27 de decembro de 2006: – Confusión arredor do termo «hacker» – Confusión arredor da piratería: qué é ilegal e qué non o é – Podcasts – Gadgets: consellos de saúde para os usuarios de tecnoloxía neste nadal Programa do 3 de xaneiro de 2007: – O ordenador dos 100 dólares – Muslix64 salta a protección dos HD-DVD e BluRay – Gadgets: ratón con calefacción E iso foi todo polo de agora, seguiremos informando. E lembrade: cando navegades pola rede, a rede navega por vós… 😉 ]]>

Deja una respuesta