COMPIES, a preparar a estrea da miña curtametraxe (que xa queda pouco) e a vivir, en definitiva. Pero non me podo queixar, porque este ano gañei en todo o que participei, os meus amigos empezan a odiarme pero también me dan cartos para que xogue ó Euromillón. O último concurso que gañei foi toda unha sorpresa, porque gañei nunha categoría que non esperaba, xa que as categorías de vídeo quedaron desertas por pouca participación. O concurso estaba organizado polo Concello da Coruña, que grazas a estas actividades xa me compensou con creces as 4 veces que me levou o coche a grúa fai un par de anos (por culpa das magníficas, sólidas e inamovibles sinais temporais de prohibido aparcar, que as tira o vento), chamouse Microcoruñas e consistía en micro-relatos, micro-vídeos e micro-poemas, aínda que estos últimos de «micro» tiñan máis ben pouco, para min eran poemas normais (8 versos, xa me diredes…). O caso é que gañei na categoría de «Micro-relato en galego» (en cada categoría podíase participar en galego e en castelán), co seguinte texto titulado «Luz guía». A condición era que non podía exceder de 180 caracteres, incluíndo espacios. Agardo que vos guste. Luz guía O barco loitaba por seguir a flote, perfilado polos lóstregos da tormenta. Ramón mirou para a foto da súa muller e pechou os ollos. Ó abrilos a luz do faro de Hércules encheulle o peito de alivio. Quén tivese unha guía así toda a vida… ]]>
Categorías