Mr. Misto, unha produtora galega que xa ten algo de prestixio e que está formada por uns rapaces que parecen bastante legais (aproveito para saudar), pero que non vos enganen as apariencias: o son. As clases son os venres de oito da tarde a once da noite, e está patrocinado polo Concello da Coruña, encadrado nun paquete de actividades alternativas, para fomentar outro tipo de ocio que non sexa o botellón. Non sei se funcionan ou non as outras actividades, pero no obradoiro creo que ninguén baixa dos vinte anos. De feito, o máis novo debe ser o profesor, que tén vinteún. Está enfocado á práctica, e temos que facer dous documentais nas seis clases que dura o obradoiro (é gratis, qué lle querendes). Para iso estamos dividos en dous grupos, e despois de moito cavilar, discutir e votar, os temas dos documentais son: as regueifas e a xente do Forum. A min tocoume o das regueifas (ese día non estaba polo do rol en vivo en Santiago, que foi venres), e estou encantado. Os compañeiros teñen moitas gañas de facer cousas e o tema fai que nos teñamos que buscar moito a vida e espabilar. Para os que non saiban qué son as regueifas, pois agardade polo documentario… 😉 Ben, un adianto: son coma rimas que se lanzan dous regueifeiros, meténdose un co outro. Na liña de «8 millas», e de feito o noso documentario compara un pouco as regueifas co hip-hop. Este mércores tivemos a sorte de poder entrevistar a Mercedes Peón (a da foto), que nos falou da orixe das regueifas e dun montón de cousas máis (gravamos 45 minutos), que non sairán no documentario pero que nos enriqueceron moito a todos. Seguiremos informando dos avances do documentario, feliz ano novo e non vos pasedes coas inocentadas. ]]>
Categorías