Categorías
Blog

Emocións a escondidas

Nikon D40X na casa, así que xa son un Nikonista e teño que poñerme ó día e aprender a manexar este bicho. Álvaro levou o Mario Kart para a Wii, porque o rapaz merecía que tivesemos un detalle con el, e ben contento que quedou. Así poderase consolar cada vez que se vexa nas pantallas dos autobuses urbáns ou mesmo en grande nas súas carrocerías, porque polo visto van a poñer as tres fotos finalistas nos buses da cidade. Se o chega a saber igual non se prestaba a ser o meu modelo… 😉 Para rematar, só un apunte: as Bibliotecas Municipais deben de ser o que mellor funciona no Concello da Coruña, porque están moi ben equipadas e teñen moitísimas actividades. ¿Terá algo que ver que as xestione unha empresa privada? ]]>

Deja una respuesta