Radiofusión, aproveitando que Lucía (a técnico de sonido) estame a enviar os MP3 cos programas. Polo de agora só teño dous, os dos días 28 de febreiro e 7 de marzo de 2007, que son o décimo segundo e décimo terceiro respectivamente. Parece que non vai ser posible telos todos, porque perderon algún na migración de software (se xa digo eu que a informática é unha trapallada), pero polo menos os primeiros si que mos vai poder conseguir (gracias, Lucía). Aquí podedes escoitar os programas 12 e 13, cando teña máis irei colgándoos todos. O problema é que GoEar ralentizou o sonido un pouco e escóitase algo grave, ademáis non atopo o código para insertar o reprodutor no blog, así que polo de agora só poño os enlaces: Programa 12 Programa 13 E a continuación unha relación dos temas tocados nos programas ata agora, para facilitar a búsqueda.Programa do 10-01-2007 NOVA: O primeiro móbil de Apple TEMA: Calificación moral dos videoxogos FAUNA: Million pixel page Programa do 17-01-2007 NOVA: Adicción ás novas tecnoloxías TEMA: HackLabs FAUNA: Volve Nintendo64 kid Programa do 24-01-2007 NOVA: Reforma do Código Penal TEMA: Congreso anual hacker CHINTÓFENOS: Aparellos domésticos Programa do 31-01-2007 NOVA: Noruega ilegaliza iTunes TEMA: Televisión P2P CHINTÓFENOS: Bronceador USB Programa do 7-02-2007 NOVA: Kapersky recoñece que precisan axuda TEMA: Verichip FAUNA: Versións do espectador Programa do 14-02-2007 NOVA: Canon dixital TEMA: Voz por IP [JaJah e Skype] CHINTÓFENOS: Despertadores con mala uva e tanga de chocolate Programa do 22-02-2007 NOVA: Windows Vista e o sistema DRM TEMA: Indymedia CHINTÓFENOS: Todo para mascotas Programa do 28-02-2007 [Audio] NOVA: O día sen móviles e o Carnivore europeo TEMA: Second Life CHINTÓFENOS: Frigorífico que lanza cervexas Programa do 7-03-2007 [Audio] NOVA: Blogueiros pola liberdade de expresión en Exipto TEMA: Ransomware CHINTÓFENOS: Land Walker, ou exoesqueleto de andar por casa Programa do 14-03-2007 NOVA: A Asamblea de Madrid creará o Defensor do Internauta TEMA: «Cazadores de mitos» contra os sistemas de seguridade CHINTÓFENOS: Impresora 3D Programa do 21-03-2007 NOVA: Baixan os prezos no mercado negro das falsificacións TEMA: Dicionario básico de Internet [Parte I] CHINTÓFENOS: O Top 10 dos fracasos máis sonados Programa do 28-03-2007 NOVA: A Helvética cumpre 50 anos TEMA: Dicionario básico de Internet [Parte II] CHINTÓFENOS: Chaveiros para todos os gustos ]]>
Autor: Barnikel
Por fin de vuelta
Vlog de YouTube:
Vídeo VeriNET Party 2006
VeriNET, non é que sexa gran cousa (o material non era moi bó, cousas do cámara e dos que ma colleron prestada), pero hai que ir facendo cousiñas, ¿non? Xa o colguei en YouTube, a ver se vos gusta. ¡Admítense críticas, constructivas ou non!
RadioFusión
Radiofusión, das Emisoras Locais Galegas, no nome da asociación A.M.I.G.A.. Trátase dun espazo cortiño, dun cuarto de hora máis ou menos, para falar un pouco de novas tecnoloxías e curiosidades. Nada técnico e formal, máis ben unha charla comentando novidades ou temas que ós usuarios menos avanzados poden resultarlles interesantes. As rapazas que levan o programa son moi simpáticas (polo menos por teléfono, que é como as coñezo, jeje), e din que pronto se poderán descargar os programas dende a web.Os temas tratados polo de agora foron: Programa do 13 de decembro de 2006: – Os seminarios Tech Net de Microsoft – O «spam» e os correos-cadea – Gadgets tecnolóxicos: Lanzamisiles USB – Fauna de internet: o «Nintendo64 Kid» Programa do 20 de decembro de 2006: – Ferramentas de protección de datos – Mercado negro do «malware» – Gadgets: o lío do mando da Wii Programa do 27 de decembro de 2006: – Confusión arredor do termo «hacker» – Confusión arredor da piratería: qué é ilegal e qué non o é – Podcasts – Gadgets: consellos de saúde para os usuarios de tecnoloxía neste nadal Programa do 3 de xaneiro de 2007: – O ordenador dos 100 dólares – Muslix64 salta a protección dos HD-DVD e BluRay – Gadgets: ratón con calefacción E iso foi todo polo de agora, seguiremos informando. E lembrade: cando navegades pola rede, a rede navega por vós… 😉 ]]>