Categorías
Blog

O noso Sergiño, qué grande que é…

Sergio Mella, lembrade este nome porque vai dar que falar no futuro. Eu xa o sei dende hai anos, porque este rapaz de Vila de Cruces, do que un pode enorgullecerse de chamar amigo, é todo un crack. Cun FP de Informática e outro de Imaxe e son, embarcouse no negocio audiovisual e de creacións multimedia, despois de traballar en «Libro de familia» (serie da TVG) e facer algún corto que outro ca escola e cos amiguetes, montando Lucanus, con sede na mesma Vila de Cruces. E agora resulta que o ficha o director canadiense Martin Gauvreau para rodar unha película completa: Alicja Wonderland. Dúas semanas de rodaxe en Polonia, aprendendo a manexar a súa nova e flamante cámara de alta definición, e crecendo profesionalmente. A Voz de Galicia adícalle esta reportaxe, pero el segue tan humilde coma sempre, porque como dixo nun programa da TVG «o importante é ser boa persoa»… ]]>

Deja una respuesta