Categorías
Blog

10 anos de Cuac FM

Vic ten un programa en Cuac FM (no 103.4 do teu dial, ámbito coruñés) chamado Sopas con onda que se emite os mércores de 23:00 a 00:00 (por certo, Vic, a ver se entre ti e Sera descubríndes o misterio das 24:00 horas, ¿existen realmente? Ningún reloxio as marca, das 23:59 pasan ás 00:00, isto parece un caso para Cuarto Decenio, avisa a Mikel Jimeno). Pois ben, Cuac FM, que se emite desde os estudios José Couso, cumpre 10 anos xa, así que pensan celebralo por todo o alto…Ademáis dun especial con actuacións de todo tipo no Escondite de Buñuel (garito coruñés onde os xoves á noitiña teñen actuacións e Vic nos fai rir a miúdo cos seus monólogos) mañá xoves ás 21:30, tamén teñen un especial 24 horas. Así o contan na súa web: «10 anos só se cumpren unha vez na vida, e hai que celebralo por todo o alto. Un día enteiro de festa rachada é o que temos previsto para este fin de semana. Todo comezará puntualmente ou sexa que estade atentos. Dende as 12 da noite do sábado, teremos concertos, Dj’s, proxeccións, campionato de Playstation, sesión vermouth, romaría amenizada por gaiteiros e sostida por empanada e polbo á feira, a fabulosa billarda all star da Liga Nacional de Billarda, monologuistas…. Non o perdades.» Pois xa sabedes, se tedes a posibilidade de asistir non a deixedes pasar, e mercade unha das camisetas do décimo aniversario, que son ben chulas. ¡Felicidades Cuac! ¿E cando Sopas con onda cumpra os 10 anos?… 😉 ]]>

Deja una respuesta