Logotipo de Radiofusion

ÚLTIMOS AUDIOS ENGADIDOS: Programas 6 a 11


ÚLTIMOS CONTIDOS ENGADIDOS: Ata o programa 57 (27-05-2008)

Xa podedes escoitar o Viraventos en directo, a través de RadioFusión. O enlace dende a web de RadioFusión é "RadioFusión en directo".
Se preferides o método tradicional, aquí tedes unha lista de emisoras para sintonizalo:

Allariz (107.2 FM) / Arzúa (107.4 FM) / Eume (107.5 FM) / Fene (107.7 FM) / Foz (107.4 FM) / Negreira (107.0 FM) / Redondela (94.9 FM) / Tui (107.4 FM)

A lista completa de programas e contidos no seguinte enlace...

» Continua...

RadioFusion

Pois sí, comeza outra tempada do Viraventos, e parece que non aprenderon a lección, porque queren aturarme outro ano máis. Iso sí, cambiamos de hora e día, xa que os meus "compromisos deportivos" impídenme falar os mércores (xa non queda nada para as probas físicas). Así que agora poderedes escoitarme os martes a partir das sete e dez da tarde, máis ou menos. O Viraventos é de luns a venres e comeza ás sete, Elena e máis Eva presentan e Lucía ós controis, primeiro fan un sumario, logo poñen un tema dalgún grupo galego e logo alá vou eu, en vivo e en directo. Acepto suxerencias de temas a tratar, por se vos animades. Ah, esquecíame: comenzamos este martes, aquí tedes unha lista de emisoras para sintonizalo:

Allariz (107.2 FM) / Arzúa (107.4 FM) / Eume (107.5 FM) / Fene (107.7 FM) / Foz (107.4 FM) / Negreira (107.0 FM) / Redondela (94.9 FM) / Tui (107.4 FM)

E lembrade: cando navegades pola rede, a rede navega por vós... ;)
Logotipo de Radiofusion
Parece que GoEar volve a facilitar o código para poñer os arquivos de sonido embebidos nas webs, así que aproveito para poñer ó día a lista de programas que levamos, e tamén para engadir dous novos: o 19 e o 20, aínda que xa levamos 23. Algúns parece que se escoitan algo ralentizados, pero só nos decatamos os que sabemos que as nosas voces non soan así...
Tamén parece que pronto (din que esta semana, pero non termino de fiarme, jeje) poderemos escoitar o Viraventos en streaming. Mentres, podedes seguir acudindo aquí, que seguirán "en diferido".

» Continua...

Logotipo de Radiofusion
Parece que nos pasamos un pouco da hora no programa 18, é que o tempo voa cando o estas a pasar ben, así estivemos media hora falando de:

NOTICIA: As xestoras de dereitos de autor protestan pola retirada do artigo 17 bis do borrador da Lei de Impulso da Sociedade da Información
TEMA: XuventudeGaliza.Net, pasado e futuro
FAUNA: Rachael Bell, publicita unha festa no seu blog e destrózanlle a casa

É que co tema das xestoras de dereitos un encéndese, e xa non pode parar, así que houbo que cortar en dous trozos o MP3, que non cabía todo en GoEar:

Programa 18 [Parte 1]

Programa 18 [Parte 2]

E parece que este sí que se escoita ben, sen ralentizar, a ver se seguimos así.

18.04.07: Máis RadioFusión

Logotipo de Radiofusion
O último Viraventos foi o do 4 de abril, e entre a Semana Santa e asuntos persoais, non tivemos programa ata hoxe, que xa é o número 18. Lucía envioume o programa anterior, no que falamos de:

NOTICIA: Inocentada sobre Windows Vista
TEMA: Descargando de todo dos grupos de noticias
CHINTÓFENOS: Kitt, o coche fantástico, e a limusina da Panteira Rosa

Podedes escoitalo dende aquí: Programa 17.

Teño que advertir que GoEar ralentiza o sonido, polo que se nos escoita un pouco máis grave e lento do normal, a ver se solucionan os problemas técnicos.
Logotipo de Radiofusion
Vou actualizar o tema da sección de tecnoloxía que fago no programa Viraventos de Radiofusión, aproveitando que Lucía (a técnico de sonido) estame a enviar os MP3 cos programas. Polo de agora só teño dous, os dos días 28 de febreiro e 7 de marzo de 2007, que son o décimo segundo e décimo terceiro respectivamente. Parece que non vai ser posible telos todos, porque perderon algún na migración de software (se xa digo eu que a informática é unha trapallada), pero polo menos os primeiros si que mos vai poder conseguir (gracias, Lucía).
Aquí podedes escoitar os programas 12 e 13, cando teña máis irei colgándoos todos. O problema é que GoEar ralentizou o sonido un pouco e escóitase algo grave, ademáis non atopo o código para insertar o reprodutor no blog, así que polo de agora só poño os enlaces:

Programa 12

Programa 13

E a continuación unha relación dos temas tocados nos programas ata agora, para facilitar a búsqueda.

» Continua...

03.01.07: RadioFusión

Logotipo de Radiofusion
Ano novo, entrada nova. Que xa iba sendo hora, coa de cousas que me quedaron por contar: a Arroutada 13 (un éxito), o SIMO 2006 (cada ano peor), e que agora tamén dou a tabarra por medio das ondas.
Todos os mércores ás sete e media da tarde fago unha colaboración no programa Viraventos, dentro da programación de Radiofusión, das Emisoras Locais Galegas, no nome da asociación A.M.I.G.A..
Trátase dun espazo cortiño, dun cuarto de hora máis ou menos, para falar un pouco de novas tecnoloxías e curiosidades. Nada técnico e formal, máis ben unha charla comentando novidades ou temas que ós usuarios menos avanzados poden resultarlles interesantes.
As rapazas que levan o programa son moi simpáticas (polo menos por teléfono, que é como as coñezo, jeje), e din que pronto se poderán descargar os programas dende a web.

» Continua...

<   septiembre 2010   >
LMMJVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   

Pasan 618 días desde que empezó 2009

Too Cool for Internet Explorer