03.09.08: Premios Microcoruñas

Levo tempo sen actualizar, porque as oposicións ocupan case todo o meu tempo, e o que queda dedícollo ó blog de COMPIES, a preparar a estrea da miña curtametraxe (que xa queda pouco) e a vivir, en definitiva. Pero non me podo queixar, porque este ano gañei en todo o que participei, os meus amigos empezan a odiarme pero también me dan cartos para que xogue ó Euromillón.
O último concurso que gañei foi toda unha sorpresa, porque gañei nunha categoría que non esperaba, xa que as categorías de vídeo quedaron desertas por pouca participación. O concurso estaba organizado polo Concello da Coruña, que grazas a estas actividades xa me compensou con creces as 4 veces que me levou o coche a grúa fai un par de anos (por culpa das magníficas, sólidas e inamovibles sinais temporais de prohibido aparcar, que as tira o vento), chamouse Microcoruñas e consistía en micro-relatos, micro-vídeos e micro-poemas, aínda que estos últimos de "micro" tiñan máis ben pouco, para min eran poemas normais (8 versos, xa me diredes...).
O caso é que gañei na categoría de "Micro-relato en galego" (en cada categoría podíase participar en galego e en castelán), co seguinte texto titulado "Luz guía". A condición era que non podía exceder de 180 caracteres, incluíndo espacios. Agardo que vos guste.
Luz guía
O barco loitaba por seguir a flote, perfilado polos lóstregos da tormenta. Ramón mirou para a foto da súa muller e pechou os ollos. Ó abrilos a luz do faro de Hércules encheulle o peito de alivio. Quén tivese unha guía así toda a vida…
10.02.08: Entroido 2008

Xa pasou o entroido e, mentres nos recuperamos, déixovos un par de vídeos do Luns de Entroido pola tarde en Laza. Si, eso dos peliqueiros e as formigas... ;)
Máis fotos no Álbum Web.
11.07.07: O noso Sergiño, qué grande que é...

22.03.06: 10 anos de Cuac FM

O meu amiguete Vic ten un programa en Cuac FM (no 103.4 do teu dial, ámbito coruñés) chamado Sopas con onda que se emite os mércores de 23:00 a 00:00 (por certo, Vic, a ver se entre ti e Sera descubríndes o misterio das 24:00 horas, ¿existen realmente? Ningún reloxio as marca, das 23:59 pasan ás 00:00, isto parece un caso para Cuarto Decenio, avisa a Mikel Jimeno).
Pois ben, Cuac FM, que se emite desde os estudios José Couso, cumpre 10 anos xa, así que pensan celebralo por todo o alto...
16.02.06: ¡¡¡ENTROIDO!!!
¡Xa chegou o Entroido! E qué ganas que tiña... Coma o ano pasado non puiden ir (qué mal o pasei, rapaces), este ano estou que adebezo por ir á miña terra a corre-los cigarróns, a ver o desfile en Verín, sacudirme as formigas de Laza, tomar o viño e os pinchos en Oimbra, disfrazarme, beber licor-café e facer todo o que se poda nos mellores carnavais do mundo mundial (e no entroido vale todo).


